Archive for 2013
O fundador do movemento polo software libre no mundo.
lunes, 16 de diciembre de 2013
Posted by miguel paz
Richard Matthew Stallman (nacido en Manhattan, Nueva York, 16 de marzo de 1953) é un programador estadounidense e fundador del GNU e a Free Software Foundation. Entre os seus impresionantes logros como programador incluínse o editor de texto Emacs, o compilador GCC, e o depurador GDB.
Súa influencia foi esencial para establecer o marco de referencia moral, político e legal do movemento do sofware libre, como alternativa ao desenvolvemento e distribución de software privativo.
En 1971, sendo estudante de primer ano na Universidade de Harvard, Stallman converteuse nun hacker do Laboratorio de Intelixencia Artificial do MIT.
Durante dous anos, desde 1983 a 1985, Stallman por si so duplicou os esforzos dos programadores de Symbolics.
Finalmente, plantouse crear unha nova comunidade, na que a xente puidera compartir e axudar ós demais. En 1983, Stallman anunciou súas intencións de crear unha alternativa libre ó sistema operativo Unix, ó que bautizou como GNU (GNU No es Unix), tarefa que comezou en Xaneiro de 1984, tras abandonar o MIT. En 1985 publicou o Manifesto GNU, que define e explica os obxectivos e motivacións do proiecto. Pouco tempo despois fundou a organización sen ánimo de lucro Free Software Foundation para coordinar o esforzo. Inventou o concepto de copyleft, que implementou na Licencia Pública General GNU (coñecida xeralmente como a "GPL") en 1989.
En 1991, Linus Torvalds comezou a escribir o núcleo Linux, que pouco despois publicou baixo os términos da GPL. Entonces inverteuse traballo en adaptar mutuamente o software GNU xa existente e o novo núcleo Linux, hasta que obtívose un sistema operativo completo e funcional: o sistema GNU/Linux (ó que con frecuencia, e de maneira incorrecta, chamase simplemente Linux). Estimase que hoxe hai máis de 20 millóns de usuarios de sistemas GNU/Linux. Stallman recibiu numerosos premios e recoñecementos polo seu traballo, entre eles: un doutorado honorario del Royal Institute of Technology de Suecia, Pioneer award da Electronic Frontier Foundation, Yuri Rubinski memorial award Takeda Techno-Entrepreneurship Award… É membro da National Academy of Engineering e da American Academy of Arts and Sciences.
Conferencia en Vigo
O pasado luns 9 de decembro ás 19.00, Richard Stallman viu a Vigo "para impartir una conferencia que leva por título “El software libre y la administración digital” (palabras textuais).Ante un auditorio formado maioritariamente por estudantes da Escola Superior de Enxeñaría Informática, Richard Stallman recomendoulle a estes futuros profesionais que se aspiran a ser “bos membro da súa comunidade” que non realicen nin empreguen software privativo. O fundador do sistema GNU pediulles que rexeiten o uso destes programas, que cando xurda o dilema de utilizalos ou non que opten polo segundo pois a súa conciencia non lle debería permitir aceptar as súas condicións de uso, que atacan a solidariedade social da comunidade. Fiel a esta filosofía, o presidente da Free Software Foundation comezou a conferencia pedindo, a modo de exemplo, que as imaxes que se tomen da conferencia non sexan publicadas en Facebook, Instagram, Youtube e demais soportes de software privativo.
Ademais, na súa loita contra os programas privativos, Stallman salientou a necesidade de non participar no descrédito que se intenta facer do movemento de software libre e da súa filosofía de compartir. “Cando me preguntan que opino da piratería o que digo é que atacar barcos é moi malo”, dixo con humor e facendo fincapé en que aceptar a linguaxe descualificadora e propagandística é darlle máis poder aos que intenta desacreditar o software libre. “Cada usuario de informática merece o control dos programas que usa”, recalcou ante o máis dun centenar de persoas que asistiron á súa conferencia Unha Sociedade Dixital Libre no campus de Ourense.
Frases máis destacadas:
- “Usar software libre significa que respetas a túa liberdade e a da túa comunidade”
- “A distinción entre software libre e privativo non é unha distinción técnica, é una distinción ética, social e política”
- “Escribir un programa libre é unha contribución social, escribir un privativo é un golpe, un intento de someter á xente, unha trampa”
- “Cada usuario de informática merece o control dos programas que usa”