Posted by : miguel paz
lunes, 16 de diciembre de 2013
Richard Matthew Stallman (nacido en Manhattan, Nueva York, 16 de marzo de 1953) é un programador estadounidense e fundador del GNU e a Free Software Foundation. Entre os seus impresionantes logros como programador incluínse o editor de texto Emacs, o compilador GCC, e o depurador GDB.
En 1971, sendo estudante de primer ano na Universidade de Harvard, Stallman converteuse nun hacker do Laboratorio de Intelixencia Artificial do MIT.
Durante dous anos, desde 1983 a 1985, Stallman por si so duplicou os esforzos dos programadores de Symbolics.
Finalmente, plantouse crear unha nova comunidade, na que a xente puidera compartir e axudar ós demais. En 1983, Stallman anunciou súas intencións de crear unha alternativa libre ó sistema operativo Unix, ó que bautizou como GNU (GNU No es Unix), tarefa que comezou en Xaneiro de 1984, tras abandonar o MIT. En 1985 publicou o Manifesto GNU, que define e explica os obxectivos e motivacións do proiecto. Pouco tempo despois fundou a organización sen ánimo de lucro Free Software Foundation para coordinar o esforzo. Inventou o concepto de copyleft, que implementou na Licencia Pública General GNU (coñecida xeralmente como a "GPL") en 1989.
En 1991, Linus Torvalds comezou a escribir o núcleo Linux, que pouco despois publicou baixo os términos da GPL. Entonces inverteuse traballo en adaptar mutuamente o software GNU xa existente e o novo núcleo Linux, hasta que obtívose un sistema operativo completo e funcional: o sistema GNU/Linux (ó que con frecuencia, e de maneira incorrecta, chamase simplemente Linux). Estimase que hoxe hai máis de 20 millóns de usuarios de sistemas GNU/Linux. Stallman recibiu numerosos premios e recoñecementos polo seu traballo, entre eles: un doutorado honorario del Royal Institute of Technology de Suecia, Pioneer award da Electronic Frontier Foundation, Yuri Rubinski memorial award Takeda Techno-Entrepreneurship Award… É membro da National Academy of Engineering e da American Academy of Arts and Sciences.
Conferencia en Vigo
Ademais, na súa loita contra os programas privativos, Stallman salientou a necesidade de non participar no descrédito que se intenta facer do movemento de software libre e da súa filosofía de compartir. “Cando me preguntan que opino da piratería o que digo é que atacar barcos é moi malo”, dixo con humor e facendo fincapé en que aceptar a linguaxe descualificadora e propagandística é darlle máis poder aos que intenta desacreditar o software libre. “Cada usuario de informática merece o control dos programas que usa”, recalcou ante o máis dun centenar de persoas que asistiron á súa conferencia Unha Sociedade Dixital Libre no campus de Ourense.
Frases máis destacadas:
- “Usar software libre significa que respetas a túa liberdade e a da túa comunidade”
- “A distinción entre software libre e privativo non é unha distinción técnica, é una distinción ética, social e política”
- “Escribir un programa libre é unha contribución social, escribir un privativo é un golpe, un intento de someter á xente, unha trampa”
- “Cada usuario de informática merece o control dos programas que usa”