Neste video pretendese explicar o poder das redes sociais e as súas consecuencias. O video consiste nunha entrevista realizada por Eduard Punset a James Fowler, o cal é un experto neste campo. Como primeiro punto da entrevista centranse na teoría do "mundo pequeno" a cual define no exemplo da
difusión de información, como unha situación donde pode haber un
gran número de persoas que se enteren de algo moi rapidamente. Resulta
que se ei teño tres ou catro amigos e eles, a súa vez, teñen tres ou
catro amigos, a información difundese a través desas redes que se cream de forma natural, sen que nós deseñaramos a rede
con esa intención.
O segundo punto basase en "Os seis niveis de separación" que suxiu nos anos 60 coa investigación de Stanley Milgram, que tiña
moita curiosidade por saber cantos grados teríamos que superar para
establecer unha serie de conexións fortes entre os lugares onde un se
encontra e calquera persoa no mundo, é dicir, por cantos amigos
de amigos de amigos teríamos que pasar para que o mundo enteiro
estivera conectado. O que fixo Milgram foi coller un feixo de cartas e
envialas a unha pequena cidade do centro dos Estados Unidos e lle
dixo a un grupo de xente: "Quero que enviedes estas cartas a unha persoa
que non coñecedes, en Boston, Massachusetts, pero no podedes simplemente
envialas por correo, tedes que entregala a un amigo seu, tedes
que enviala por correo a un amigo, a alguén que coñecedes
persoalmente e dicirme quen é esa persoa." O fascinante é que Duncan Watts levou a cabo outro estudo co
correo electrónico e obtuvo a mesma cifra pero, en lugar de facelo con
distintos lugares nos Estados Unidos, o fixo con xente de todo o
mundo. E descubríu que, de verdade, só necesitanse seis pasos para chegar a cualquera persoa do mundo.
No terceiro punto centranse mais nas redes sociais, nas cales existe un efecto de contaxio: tendemos a copiar o comportamento de aqueles cos que estamos conectados. Por exemplo, nun primeiro estudo sobre a obesidade, observase que cando teus
amigos engordan, tamén hai mais probabilidades de que ti tamén
engordes. Púdose demostrar que iso era certo non só para os teus amigos
senón tamén para os amigos dos teus amigos, e incluso para os amigos dos
teus amigos dos teus amigos.